Ascensión invernal a Peña Ubiña (2417 m)

| 12 Imaxes

Montaña que fai “fronteira” entre Llión e Asturies, primeira invernal seria que decidimos acometer nunha fin de semana case primaveral. Desde alí arriba, cumes que nos parecían grandes quédanse pequerrechas. Ascensión pola vía normal sur-oeste, facéndose difícil e perigosa (descenso) polo estado da neve e as fortes pendentes que chegan ao 55% de desnivel xa preto da arista. O descenso desta mole foi moi complicado, quedando para a memoria unha experiencia inesquecible que, por sorte, casualidade e un anaquiño de mente fría, tivo un final feliz. Saúde e montaña!