Ascensión á Torre de Llambrión (2646m)

| 14 Imaxes

O segundo cume máis elevado dos Picos de Europa despois da Torre Cerreú (2650m). Travesía circular en dúas xornadas, ascensión que comezamos logo dunha aproximación ao Collado Jermoso, facendo noite no refuxio, e que remataría no cable de Fuente Dé.

As trepadas e a sensación de baleiro fan desta ascensión unha experiencia moi entretida, sempre e cando sexas tolerante ao vertixe poderás gozar de fermosas paisaxes aéreas.