Ascensión á Torre del Friero (2445m)

| 10 Imaxes

Ruta de alta montaña, dura fisicamente xa que temos que salvar un desnivel de 1500m en pouco máis de catro quilómetros. Saímos de Sta. Marina de Valdeón para enfrontarnos a fortes pendentes e pasos de trepada bastante expostos, dificultades que se agudizan no descenso. Xa no cume, podemos divisar fermosas panorámicas dos Picos de Europa, montañas que buscan seducir.