Ruinas contemporáneas (Medelo-Xacobeo camping)

| 11 Imaxes

Era o ano 1997 cando Manuel Fraga inauguraba o campíng Medelo-Xacobeo en Silleda, unhas instalacións que nos custaron ós galegos millón e medio de euros e que pretendía ser un referente turístico, tanto para os peregrinos que ían a Compostela como para campistas en xeral.

31.000 metros cadrados repartidos en zona de acampada, hotel-restaurante, duas piscinas, unha pista de tenis  e un parque para os cativos. Instalacións que se complementaban con todos os servizos dun camping de primeira categoría.

Pero Medelo-Xacobeo nunca foi visitado por campistas, e no hotel só chegaron a pernoctar uns cantos peregrinos despistados e atrevidos, que tiñan que desviarse máis de tres kilómetros do itinerario da Via da Prata para disfrutar de semellante improperio.