Fervenza do Cachón (Camiño Natural do Río Barbantiño)

| 2 images

Un deses lugares que en calquera civilización avanzada gozaría dunha protección especial, mais nesta cousa chamada Galiza,  AVE e Autovía teñen prioridade sobre calquera outro recurso. O destrozo e a aberración paisaxística provocados pola administración é perceptible en moitos treitos do sendeiro, aínda así, o lugar conserva parte importante do seu valor natural; un bosque de ribeira de alisos, chopos e salgueiros, carballos (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e o fento común das concas galegas (Osmunda regalis) conviven xunto ás numerosas especies endémicas existentes.