Ascensión á Torre de Salinas (enriba das nubes)

| 7 Imaxes

Un 26 de xullo de 1853 o xeólogo galego Casiano de Prado na compaña do paleontólogo francés Edouard de Verneuil e un guía veciño da zona coroaban por primeira vez a cima da Torre Salinas. A intención era facer unha medición xa que consideraba que era a montaña máis alta dos Picos de Europa, unha vez arriba non tardou en decatarse do seu erro,  a satisfacción pola conquista da cima veuse empanada pola existencia doutras “peñas altísimas, de cuyos extraños perfiles, no podíamos apartar los ojos” .