Cabaceiros e canastros

| 4 Imaxes

Galiza, terra de canastros. A finais do século XX, Galicia contaba con máis de trinta mil canastros, é dicir, máis dun por km cadrado. A necesidade de antano de almacenar gran en sitios secos e seguros, contribuíu a que o canastro xogase un papel moi importante na economía de subsistencia da rexión dos séculos XV-XIX, sobre todo coa chegada de novos cultivos procedentes de América no século XVI, como puido ser o millo.

Sobre a orixe destes existen varias hipóteses. Cóntase que os actuais “canastros” proveñen de estruturas de almacenaxe circulares xa existentes nos pobos prerromanos. Coa romanización, estes adoptarían a mesma forma pero comezarían a elevarse e a sosterse sobre os seus pés. As palabras “cabazo” e “canastro” proveñen do latín e significan cesto e canastra (cesto redondo).

A palabra “Cabazo” utilízase máis ben para os de estrutura circular, que aínda hoxe existen en Galicia, sobre todo en terras de LalínMelide. A partir do século XII xa aparecen documentados os de planta rectangular e cuadrangular, como nalgunha ilustración de “Ás Cantigas de Alfonso X“. Os materiais empregados para a súa construción varían segundo a zona. Granito, lousa e madeira son os máis habituais.