Muiños do Couso (Ponteareas)

| 5 Imaxes

O pequeno Río Couso discorre encaixado nun estreito val salvando un desnivel bastante acusado. O seu particular relieve fixo que durante anos a forza das súas augas alimentasen a maquinaria de numerosos muíños. Grazas á restauración levada a cabo pola Asociación Cultural San Martiño de Couso e a Comunidade de Montes de Man Común, fixeron que estes vellos muíños, algúns de case douscentos anos de antiguedade, se convertan nunha xoia etnográfica para o desfrute de todo aquel que se achegue a observalos. (Fonte orixinal: Galicia máxica)