Anacos de Mondariz Balneario

| 7 Imaxes

Por unha razón que non acado a comprender a miña mirada sempre anda na procura de ruínas, incluso en espazos proclives ao señorío, tal é o caso. Quero pensar que esta desviación mental busca indagar no pasado das cousas, na existencia efémera dos obxectos e na relación que éstes tiveron coas persoas; individuos que, froito da casualidade,  viviron ou deixaron algo de sí nesta estancia pasaxeira camiño de ningures que é a vida.