Un día de treboada

| 2 images

Son castelos no ceo, contaba meu pai coa intención de minguar o pánico que eu sentía ante a presenza daquelas figuras ameazantes enriba das nosas testas. Logo comezaba o estrondo, entón, eran as cargas de dinamita que estoupaban para a construción da nova estrada nacional.

Pasou o tempo, agora non hai monstros no armario nin debaixo da cama. Os medos foron mudando para seguir presentes.