Pazos de Arenteiro

| 8 images

Nos límites do Ribeiro, antes dos montes ermos do Paraño aínda se tapizan de vides as abas orientadas ao sur. Son as valgadas do río Arenteiro que neste treito final busca precipitadamente desaugarse no Avia. Nunha aldea de plural claro, Pazos de Arenteiro, botou fondas raigames a nobreza do viño. Fidalguía apiñocada en gran número de casas grandes: Casa de Arriba, Casa e Granxa do Mato, Casa do Ouro, Pazo de Cervela, Pazo de Feixóo, Pazo do Currelo, Pazo dos Tizón y Pazo de Laxas. En conxunto son un fermoso traballo de cantería afianzando na pendente as paredes e valados e rueiros empedrados. (Texto orixinal http://www.turgalicia).