Outono, case inverno

| 4 Imaxes

Tempos de reflexión, tempos onde o tempo se detén, tempo que busca tempo para facer máis tempo. Tempo de lecer, tempo de loitar, tempo de sentir, tempo de escoitar.

Tempo perdido que prucura convencer da nosa mentira; aquel non ten razón, aquel tamén zurce falacias co ánimo de facer un  manto onde esconder o tempo, para trabucalo en tempo, para facelo puta no nadal e martir en semana santa. O tempo como móvil imperioso cando se pechan as cancelas, cando xa non queda tempo para voltar ó principio do tempo.

Tempo que se leva ós amigos para acollelos na distancia do tempo, para clavalos na memoria do tempo, para esquecelos como se nunca tivera existido aquel tempo. Como un soño disoluto morto de tempo.