Se Bukowski te tivese coñecido

| 2 images

A inmaculada decepción de Bukowski, o outono gris que muda a súa cor cando as últimas luces. O fracaso consumado traducido a papel, contar miserias en primeira persoa e pasar á historia por escritor. Seduce, Bukowski, seduce até o derradeiro grolo da última botella, até a derradeira corrida no último claustro materno, cando os ollos se pechan para berrar un “goodbye” mundo fedento. A miseria moral expresada en verbas, a estupidez humana descabezada en tinta, xentes que se manteñen en pé sen saber moi ben o porqué. Persoeiros coma ti e coma min,  a presunta estabilidade emocional cando precisa do embrutecemento para soportar a realidade. Hai quen dí, perdeu os papeis.