Mosteiro de Trandeiras (Part.2)

| 4 images

Segundo a lenda, a virxe apareceuse a un veciño neste lugar. Ela díxolle que debía construír aquí unha igrexa para a súa advocación. Debeu suceder alá polo século XIV ou XV, pero non é ata o XVI cando se decide construír o convento, concretamente en febreiro de 1520. Antes de rematarse xa habitaban nel uns monxes e un gardián. No ano 1668 o edificio foi pasto das chamas, o que propiciou a súa decadencia. Nembargantes non foi ata a invasión francesa cando se abandonou o convento. Estes destruíron o mosteiro e asasinaron a varios relixiosos.