Pena Corneira

| 2 images

Como a imaxinación vai por libre, hai quen ve a silueta dun unicornio na pena que da nome ao monumento natural. Entre os bolos espallados máis dun ten visto a dous xigantes arrebolándose cantazos nunha loita encarnizada e imperecedoira. Como en tódalas historias bonitas sempre aparece a ciencia para roubar a maxia dos lugares e acontecementos imposíbeis, oubean os estudos que estamos ante unha “masa plutónica batolítica de 18 km en sentido meridiano y 7 km en sentido suroeste-norleste, fruto de una masa de magma que se solidificó a causa de la estructura profunda de un antiguo volcán “.