Fotosketcher no bosque

| 2 images

Seguimos divertíndonos co Fotosketcher, desta volta transformamos unha fermosa tarde de principio do outono en paisaxe inquedante propia dunha portada Death/Black Metal. Tratamento da imaxe dende a pestaña “Foto antiga” e axustes ó gusto. Fotografía tomada o 27 de setembro no faial que conduce ó Pico Gildar (Picos de Europa-León).